Preme na imaxe |
martes, 31 de marzo de 2020
Para ver,ler,escoitar e reflexionar...Corentena...unha OPORTUNIDADE?
Expertos en TDAH ofrecen unhas recomendacións para que a convivencia de estes días supoña unha oportunidade de estar cos nosos fillos.
https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/los-consejos-de-un-experto-corunes-para-convertir-la-cuarentena-en-una-oportunidad
https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/los-consejos-de-un-experto-corunes-para-convertir-la-cuarentena-en-una-oportunidad
luns, 30 de marzo de 2020
#yomequedoencasa e TEA
Autismo Galicia publica unha serie de consellos e recursos para o tempo na casa e as persoas con autismo. Nesta publicación podedes descargar materiais con pictogramas sobre axendas do día, estructuración de tarefas, comprensión da nova situación...
Preme na imaxe |
Recomendacións Ministerio de Sanidade
O Ministerio de Sanidade publicou unhas recomendacións para o apoio emocional d@s máis pequen@s da casa.
venres, 27 de marzo de 2020
Actividades Departamento de Orientación
A NOSA
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Dado que o
noso traballo, como Departamento de Orientación e especialistas de AL e PT, é
un traballo moi individualizado e adaptado ao noso alumnado e as súas
necesidades as nosas propostas faranse sempre que as familias o precisen de
forma individualizada a través do correo electrónico facilitado.
Aínda así, a
través deste blogue, facilitaremos ademáis de propostas de actividades máis
xerais relacionadas coa educación emocional, planificación de rutinas, como
facer fronte a problemas conductuais, etc…tamén actividades como:
Ø Participar
nas rutinas da vida diaria:
· Facer
a cama
· Poner
a mesa
· Cociñar
· …
Ø Tempo
de lectura: no blogue da biblioteca podedes acceder a moitos recursos e propostas de lectura
Ø Actividades
motricidade fina:
·
Pintar, debuxar
·
Abrir botes
·
Amasar
·
Plastilina
Ø Xogos
:
·
Xogo simbólico e espontáneo
·
Quebracabezas
·
Xogos de mesa (parchís, oca, escattergories…)
·
Xogos de memory
·
Xogos de cartas
Ø
Actividades de procesos cognitivos básicos:(atención,memoria,percepción…)
·
Atención
·
Razoamento lóxico
·
Labirintos
·
Encrucillados
·
Orientación espacio temporal
·
Sopas de letras
Podedes atopar ideas nos seguintes enlaces:
Ø Respiración
e relaxación:
Ø Sopro:
·
Soplar palliñas.
·
Facer burbullas nun vaso con auga.
·
Facer pompas de xabón.
·
Inflar globos.
·
Apagar velas.
Ø Estimulación
da linguaxe:
RECORDADE:
AQUÍ TEDES TODAS AS CANLES DE INFORMACIÓN E
COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- A través da web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/ pódese acceder a una wixsite creada para facilitar ás familias a recursos para o traballo na casa. Nesa wixsite pódese acceder ao blogue do Departamento de Orientación https://couceirorienta.blogspot.com/
- Ademáis, tamén se pode acceder directamente entrando no blogue a través da web do centro.
- A través dun correo electrónico, as familias se poden poner en contacto co Departamento de Orientación para solventas todalas dúbidas que lles podan xurdir estes días.
xoves, 26 de marzo de 2020
mércores, 25 de marzo de 2020
TDAH e corentena
Durante a corentena, a convivencia escolar pode ser difícil. A Fundación CADAH (Fundación Cantabria Axuda ao Déficit de Atención e Hiperactividade) recomenda establecer un funcionamento familiar ben delimitado para evitar conflictos e apoiarse en límites e normas claros que actúen como marco de referencia dende a disciplina positiva.
luns, 23 de marzo de 2020
Retrincos de cores
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publica o caderno RETRINCOS DE CORES elaborado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, para traballar cos nenos e nenas esta emerxencia sanitaria a través do debuxo. Recordade que as emocións e as necesidades afectivas dos vosos fillos e fillas tamén son importantes.
Preme na imaxe |
Recursos para familias con fillas e fillos con TEA
A confederación de Autismo España acaba de publicar una proposta de recursos e actividades para facer na casa coas nenas e nenos con TEA. Podedes acceder a eles premendo na imaxe
AS NOSAS EMOCIÓNS
Dende o Colexio Oficial de Psicoloxía tranmiten unha serie de recomendacións dirixidas a toda a comunidade educativa.
BINGO DE EMOCIÓNS
EXPRESIÓN ARTÍSTICA
CONTO ESTOY CONTIGO
Este conto invita á reflexión a nen@s e adult@s sobre como reaccionamos ante os imprevistos e como respondemos cando alguen cercano necesita axuda.
Preme na imaxe |
Seguindo estas recomendacións propoñemos varias actividades para realizar cos vos@s fill@s nestes días sempre que as circunstancias o permitan. As actividades están encamiñadas a que os vos@s fill@s expresen as suas emocións.
Para poder expresar emocións debemos coñecelas e poñerlles nome. Propoñemos un bingo de emocións para ampliar o vocabulario emocional a través do xogo. A dinámica do xogo é a mesma que un bingo tradicional pero aproveitamos as imaxes de distintas emocións para poñerlles nome, recoñecelas e falar das nosas emocións.
Podedes descargar o seguinte material premendo nas imaxes (elexir o que máis vos guste) e en caso de non poder facelo podedes fabricalo na casa cos vosos propios debuxos.
EXPRESIÓN ARTÍSTICA
Cando fagades na casa algún debuxo podedes pedir ás nenas e nenos que debuxen como se sinten. É importante non facer unha interpretación do que debuxan, simplemente é unha ferramenta de expresión e regulación emocional. Un truco a ter en conta é que cando pintamos o que sentimos é interesante que antes se faga un marco porque así de forma indirecta estamos regulando esa emoción que estamos sentindo.
Este conto invita á reflexión a nen@s e adult@s sobre como reaccionamos ante os imprevistos e como respondemos cando alguen cercano necesita axuda.
Esperamos que vos gusten estas propostas e MOITO ÁNIMO!!!
sábado, 21 de marzo de 2020
TEA e COVID -19
No BOE núm. 76, de 20 de marzo de 2020 sae publicado unha instrucción do Ministerio de Sanidade na que permite ás persoas con TEA que o precisen, poder saír á rúa acompañadas doutra persoa, respetando as medidas establecidas para evitar contaxiarse de coronavirus.
Qué documentación se debe aportar?
Dende a Confederación Autismo España, e co CERMI, recomendase que a persona leve consigo nas salidas á rúa:
Dende a Confederación Autismo España, e co CERMI, recomendase que a persona leve consigo nas salidas á rúa:
- Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidad. No caso de tener recoñecida a discapacidade.
- Prescripción dun/a profesional sanitario ou social.
- Copia da Instrucción de 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
- Informes médicos, psicolóxicos o sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuales e/ou a existencia de dificultades conductuales. No caso de dispoñer deles.
Información completa nos seguintes enlaces:
mércores, 18 de marzo de 2020
COMUNICACIÓN COA ESCOLA
Estimadas familias:
Como sabedes as mestras e mestres estamos traballando para que o alumnado continue co proceso de aprendizaxe na casa sempre que sexa posible.
Podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación cando o precisedes a traves do seguinte correo electrónico:
orientacioncouceirofreijomil@gmail.com
Contestaremos coa maior brevidade posible. Un saúdo e ánimo!!!
sábado, 14 de marzo de 2020
domingo, 8 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)