luns, 27 de abril de 2020

Profe, e agora que fago?

José Carlos Román e David Lorenzo, con este maravilloso libro gratuíto de TRiqueta  Verde,  poñen o seu gran de area para que estes días de confinamento sexan máis levadeiros para os nenos e nenas e amosar así que, aínda que non poidamos ir ao colexio, desde a casa podemos seguir a aprender facendo actividades lúdicas e divertidas. Moitísimas grazas!

Preme na imaxe

mércores, 22 de abril de 2020

PROPOSTA ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE

Ola familias!
Acaba de comenzar o terceiro trimestre e o Departamento de Orientación do noso centro segue a apostar máis que nunca pola Igualdade.
A nosa proposta do 3º trimestre é para todas as familias incluídas aquelas que non teñen ordenador, acceso a internet, impresora...ou que necesitan do ordenador para teletraballar. Por este motivo, as actividades están orientadas ao uso mínimo de dispositivos electrónicos. Ademáis, están deseñadas para realizar con materiais que tedes nas casas e se non tedes algo, o atoparedes no super.
Para navegar pola proposta tedes que premer nas pestanas do lado esquerdo da pantalla. Podedes elexir o día que mellor se adapte ás vosas circuntancias, xa que entendemos que vivimos unha situación especial e que a organización familiar pode ser distinta á habitual. Por iso, recomendamos dar unha voltiña pola web creada e logo podedes elexir as propostas que mellor se adapten ao voso día a día. 


Preme na imaxe


RECORDADE: AQUÍ TEDES TODAS AS CANLES DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
  •    A través da web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/ pódese acceder a una wixsite creada para facilitar ás familias a recursos para o traballo na casa. Nesa wixsite pódese acceder ao blogue do Departamento de Orientación https://couceirorienta.blogspot.com/ .
  •     Ademáis, tamén se pode acceder directamente entrando no blogue a través da web do centro.
  •     A través da aplicación ABALARMÓBIL
  •     E través dun correo electrónico, as familias se poden poner en contacto co Departamento de Orientación para solventas todalas dúbidas que lles podan xurdir estes días.

orientacioncouceirofreijomil@gmail.com



xoves, 16 de abril de 2020

Seguimos remando...

Unhas persoas moi especiais recordáronnos estes días que ante a situación que estamos a vivir debemos REMAR todas e todos unidos, o importante que pensemos en NÓS e non en EU e que os RETOS que se nos presentan día a día con colaboración, cooperación, respeto, disciplina, responsabilidade, empatía, comunicación, escoita, flexibilidade, humildade, amabilidade...poden superarse. 
Un ano despois...LÓVA E COMPAÑÍA DE ÓPERA PURPURINA GRAZAS POR COMPARTIR ISTO CON NÓS. 




Consellos para abordar as preocupacións das nenas e nenos

Save the Children, facilita uns sinxelos consellos co obxetivo de que pais, nais e resto de familiares e persoas cercanas poden abordar as preocupacions dos nenos e das nenas.


martes, 14 de abril de 2020

TEAconsellos ansiedade e estrés

A Federación de Autismo Galicia publica unha serie de recomendacións para casos de estrés e ansiedade que poden redundar na mellora da saúde xeral da persona con TEA.


Preme na imaxe

xoves, 2 de abril de 2020

Día mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020

Aínda que o COVID-19 vai cambiar a forma de facelo, hoxe celebramos o Día mundial de Concienciación do Autismo. Este ano o lema elexido é "Puedo aprender. Puedo trabajar" cunha imaxe de campaña con varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. A imaxe está representada en cinco cores diferentes, reflexando a diversidade existente dentro do espectro autista. Os principais obxetivos da campaña de concienciación de este ano son:
  1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluir e apoiar ás persoas con TEA.
  2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.
  3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das personas con TEA nestes dous ámbitos principais.
¿Como podemos colaborar nesta campaña?
  • Compartindo os materiais da campaña "Puedo aprender. Puedo trabajar"
  • Sumándote ao reto LIUB 2020



Propostas para as máis pequenas e pequenos da casa: 






E próximamente estaremos atentos á estrea de FLOAT e de LOOP, dous cortos de animación sobre autismo.




mércores, 1 de abril de 2020

AVISO IMPORTANTE

Segundo as Instruccións do 27 de marzo de 2020 enviadas pola
Consellería de Educación aos centros educativos, temos que realizar
avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado
ata o momento no que se declarou o estado de alarma.
 As familias que desexedes visualizar o boletín coa avaliación dos vosos
fillos e fillas poderedes facelo descargando a aplicación"Abalarmóbil" 
no Google Play. Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código
que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un
contrasinal. Se durante este proceso vos aparece unha mensaxe
indicando que non hai ningún teléfono vinculado, ou tedes algún
outro atranco, poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono
881930480 ou no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es 
Preme na imaxe