luns, 4 de maio de 2020

INCORPORACIÓN Á ESO

Xa estamos no terceiro trimestre e o alumnado de 6º de Primaria e as súas familias vos preguntades como será comezar o vindeiro curso no IES Breamo nesta situación extraordinaria e de incertidume que vivimos, pero non vos preocupedes. Os Departamentos de Orientación do Ceip Couceiro Freijomil e do IES Breamo organizarán as actividades de acollida cando se establezan as condicións sanitarias que permitan que se leven a cabo. Así mesmo; o intercambio de información entre os dous Departamentos facilitará as adaptacións necesarias para o vindeiro curso 20-21 que terán en conta a situación educativa do alumnado.
Para resolver as vosas dúbidas sobre aspectos académicos e organizativos da ESO (materias, promoción, etc...), podedes navegar pola seguinte web para respondelas. Recordade que tamén podedes atopar as respostas preguntando á orientadora e ás titoras de 6º porque non estades sos nesta nova etapa.

TODO VAI IR BEN!

Preme na imaxe

luns, 27 de abril de 2020

Profe, e agora que fago?

José Carlos Román e David Lorenzo, con este maravilloso libro gratuíto de TRiqueta  Verde,  poñen o seu gran de area para que estes días de confinamento sexan máis levadeiros para os nenos e nenas e amosar así que, aínda que non poidamos ir ao colexio, desde a casa podemos seguir a aprender facendo actividades lúdicas e divertidas. Moitísimas grazas!

Preme na imaxe

mércores, 22 de abril de 2020

PROPOSTA ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE

Ola familias!
Acaba de comenzar o terceiro trimestre e o Departamento de Orientación do noso centro segue a apostar máis que nunca pola Igualdade.
A nosa proposta do 3º trimestre é para todas as familias incluídas aquelas que non teñen ordenador, acceso a internet, impresora...ou que necesitan do ordenador para teletraballar. Por este motivo, as actividades están orientadas ao uso mínimo de dispositivos electrónicos. Ademáis, están deseñadas para realizar con materiais que tedes nas casas e se non tedes algo, o atoparedes no super.
Para navegar pola proposta tedes que premer nas pestanas do lado esquerdo da pantalla. Podedes elexir o día que mellor se adapte ás vosas circuntancias, xa que entendemos que vivimos unha situación especial e que a organización familiar pode ser distinta á habitual. Por iso, recomendamos dar unha voltiña pola web creada e logo podedes elexir as propostas que mellor se adapten ao voso día a día. 


Preme na imaxe


RECORDADE: AQUÍ TEDES TODAS AS CANLES DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
  •    A través da web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/ pódese acceder a una wixsite creada para facilitar ás familias a recursos para o traballo na casa. Nesa wixsite pódese acceder ao blogue do Departamento de Orientación https://couceirorienta.blogspot.com/ .
  •     Ademáis, tamén se pode acceder directamente entrando no blogue a través da web do centro.
  •     A través da aplicación ABALARMÓBIL
  •     E través dun correo electrónico, as familias se poden poner en contacto co Departamento de Orientación para solventas todalas dúbidas que lles podan xurdir estes días.

orientacioncouceirofreijomil@gmail.com



xoves, 16 de abril de 2020

Seguimos remando...

Unhas persoas moi especiais recordáronnos estes días que ante a situación que estamos a vivir debemos REMAR todas e todos unidos, o importante que pensemos en NÓS e non en EU e que os RETOS que se nos presentan día a día con colaboración, cooperación, respeto, disciplina, responsabilidade, empatía, comunicación, escoita, flexibilidade, humildade, amabilidade...poden superarse. 
Un ano despois...LÓVA E COMPAÑÍA DE ÓPERA PURPURINA GRAZAS POR COMPARTIR ISTO CON NÓS. 




Consellos para abordar as preocupacións das nenas e nenos

Save the Children, facilita uns sinxelos consellos co obxetivo de que pais, nais e resto de familiares e persoas cercanas poden abordar as preocupacions dos nenos e das nenas.


martes, 14 de abril de 2020

TEAconsellos ansiedade e estrés

A Federación de Autismo Galicia publica unha serie de recomendacións para casos de estrés e ansiedade que poden redundar na mellora da saúde xeral da persona con TEA.


Preme na imaxe

xoves, 2 de abril de 2020

Día mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020

Aínda que o COVID-19 vai cambiar a forma de facelo, hoxe celebramos o Día mundial de Concienciación do Autismo. Este ano o lema elexido é "Puedo aprender. Puedo trabajar" cunha imaxe de campaña con varias mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persoa. A imaxe está representada en cinco cores diferentes, reflexando a diversidade existente dentro do espectro autista. Os principais obxetivos da campaña de concienciación de este ano son:
  1. Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluir e apoiar ás persoas con TEA.
  2. Mellorar o acceso á educación e o emprego para o colectivo.
  3. Conseguir o compromiso dos representantes políticos para facer efectivos os dereitos das personas con TEA nestes dous ámbitos principais.
¿Como podemos colaborar nesta campaña?
  • Compartindo os materiais da campaña "Puedo aprender. Puedo trabajar"
  • Sumándote ao reto LIUB 2020



Propostas para as máis pequenas e pequenos da casa: 






E próximamente estaremos atentos á estrea de FLOAT e de LOOP, dous cortos de animación sobre autismo.




mércores, 1 de abril de 2020

AVISO IMPORTANTE

Segundo as Instruccións do 27 de marzo de 2020 enviadas pola
Consellería de Educación aos centros educativos, temos que realizar
avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado
ata o momento no que se declarou o estado de alarma.
 As familias que desexedes visualizar o boletín coa avaliación dos vosos
fillos e fillas poderedes facelo descargando a aplicación"Abalarmóbil" 
no Google Play. Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código
que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un
contrasinal. Se durante este proceso vos aparece unha mensaxe
indicando que non hai ningún teléfono vinculado, ou tedes algún
outro atranco, poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono
881930480 ou no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es 
Preme na imaxe

luns, 30 de marzo de 2020

#yomequedoencasa e TEA

Autismo Galicia publica unha serie de consellos e recursos para o tempo na casa e as persoas con autismo. Nesta publicación podedes descargar materiais con pictogramas sobre axendas do día, estructuración de tarefas, comprensión da nova situación...

Preme na imaxe

Recomendacións Ministerio de Sanidade

O Ministerio de Sanidade publicou unhas recomendacións para o apoio emocional d@s máis pequen@s da casa.

venres, 27 de marzo de 2020

Actividades Departamento de Orientación


A NOSA PROPOSTA DE ACTIVIDADES
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Dado que o noso traballo, como Departamento de Orientación e especialistas de AL e PT, é un traballo moi individualizado e adaptado ao noso alumnado e as súas necesidades as nosas propostas faranse sempre que as familias o precisen de forma individualizada a través do correo electrónico facilitado.
Aínda así, a través deste blogue, facilitaremos ademáis de propostas de actividades máis xerais relacionadas coa educación emocional, planificación de rutinas, como facer fronte a problemas conductuais, etc…tamén actividades como:

Ø  Participar nas rutinas da vida diaria:
·       Facer a cama
·       Poner a mesa
·       Cociñar
·      

Ø  Tempo de lectura: no blogue da biblioteca podedes acceder a moitos recursos  e propostas de lectura


Ø  Actividades motricidade fina:
·       Pintar, debuxar
·       Abrir botes
·       Amasar
·       Plastilina

Ø  Xogos :
·       Xogo simbólico e espontáneo
·       Quebracabezas
·       Xogos de mesa (parchís, oca, escattergories…)
·       Xogos de memory
·       Xogos de cartas

Ø  Actividades de procesos cognitivos básicos:(atención,memoria,percepción…)
·       Atención
·       Razoamento lóxico
·       Labirintos
·       Encrucillados
·       Orientación espacio temporal
·       Sopas de letras

Podedes atopar ideas nos seguintes enlaces:


Ø  Respiración e relaxación:

Ø  Sopro:
·       Soplar palliñas.
·       Facer burbullas nun vaso con auga.
·       Facer pompas de xabón.
·       Inflar globos.
·       Apagar velas.

Ø  Estimulación da linguaxe:


RECORDADE:

AQUÍ TEDES TODAS AS CANLES DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

  •        A través da web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/ pódese acceder a una wixsite creada para facilitar ás familias a recursos para o traballo na casa. Nesa wixsite pódese acceder ao blogue do Departamento de Orientación https://couceirorienta.blogspot.com/ 
  • Ademáis, tamén se pode acceder directamente entrando no blogue a través da web do centro.
  • A través dun correo electrónico, as familias se poden poner en contacto co Departamento de Orientación para solventas todalas dúbidas que lles podan xurdir estes días.


mércores, 25 de marzo de 2020

TDAH e corentena

Durante a corentena, a convivencia escolar pode ser difícil. A Fundación CADAH (Fundación Cantabria Axuda ao Déficit de Atención e Hiperactividade) recomenda establecer un funcionamento  familiar ben delimitado para evitar conflictos e apoiarse en límites e normas claros que actúen como marco de referencia dende a disciplina positiva.





luns, 23 de marzo de 2020

Retrincos de cores

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publica o caderno RETRINCOS DE CORES elaborado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, para traballar cos nenos e nenas esta emerxencia sanitaria a través do debuxo. Recordade que as emocións e as necesidades afectivas dos vosos fillos e fillas tamén son importantes.

Preme na imaxe


Recursos para familias con fillas e fillos con TEA

A confederación de Autismo España acaba de publicar una proposta de recursos e actividades para facer na casa coas nenas e nenos con TEA. Podedes acceder a eles premendo na imaxe




AS NOSAS EMOCIÓNS

Dende o Colexio Oficial de Psicoloxía tranmiten unha serie de recomendacións dirixidas a toda a comunidade educativa.

Preme na imaxe

Seguindo estas recomendacións propoñemos varias actividades para realizar cos vos@s fill@s nestes días sempre que as circunstancias o permitan. As actividades están encamiñadas a que os vos@s fill@s expresen as suas emocións.

BINGO DE EMOCIÓNS
Para poder expresar emocións debemos coñecelas e poñerlles nome. Propoñemos un bingo de emocións para ampliar o vocabulario emocional a través do xogo. A dinámica do xogo é a mesma que un bingo tradicional pero aproveitamos as imaxes de distintas emocións para poñerlles nome, recoñecelas e falar das nosas emocións. 
Podedes descargar o seguinte material premendo nas imaxes (elexir o que máis vos guste) e en caso de non poder facelo podedes fabricalo na casa cos vosos propios debuxos.




EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Cando fagades na casa algún debuxo podedes pedir ás nenas e nenos que debuxen como se sinten. É importante non facer unha interpretación do que debuxan, simplemente é unha ferramenta de expresión e regulación emocional. Un truco a ter en conta é que cando pintamos o que sentimos é interesante que antes se faga un marco porque así de forma indirecta estamos regulando esa emoción que estamos sentindo.



CONTO ESTOY CONTIGO

Este conto invita á reflexión a nen@s e adult@s sobre como reaccionamos ante os imprevistos e como respondemos cando alguen cercano necesita axuda.






Esperamos que vos gusten estas propostas e MOITO ÁNIMO!!!