WEB DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

luns, 11 de maio de 2020

Coidando as nosas emocións

Estes días algunhas familias nos contades que as vosas fillas e fillos aínda que desexaban saír á rúa, agora que poden, non queren e sinten medo. Para que estas saídas sexan experiencias positivas e seguras, dende a sección de psicoloxía educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, dan unhas recomendacións para preparalas.

Preme na imaxe


O Colexio Oficial de Psicoloxía tamén publicou unha interesante guía de introdución e orientación para iniciar os nenos, nenas e adolescentes nas prácticas de mindfulness que vos pode axudar a ter máis momentos de calma e serenidade na casa. Serve de axuda para guiar aos vosos fillos e fillas a tomar conciencia da súa respiración, dos seus pensamentos e sentimentos, e descubrir contigo como construír un lugar de calma interior que os acompañe na súa vida diaria... recursos aos que poder acudir en momentos de necesidade. 

Preme na imaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario