WEB DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

venres, 29 de maio de 2020

COMUNICACIÓN NA FAMILIA

Que os nosos fillos e fillas desenvolvan un concepto positivo de sí mesmos é importante ensinarlles que a imaxen física é menos importante que o esforzo, a curiosidade, a saude, a valentía, a curiosidade, as habilidades...actitudes que os nenos e nenas adoptarán ante a vida. 
A Fundación CADAH nos proporciona consellos para educar para unha autoimaxe positiva.






mércores, 27 de maio de 2020

TEA CONSELLOS: APRENDER NA CASA

A aprendizaxe na casa está sendo unha tarefa complexa. As rutinas, o estrés, o lugar de estudo, a organización e o apoio da familia son fundamentais para lograr un ambente de aprendizaxe máis satisfatorio. 

Preme na imaxe

luns, 25 de maio de 2020

ATENCIÓN E MEMORIA

Cóntannos que despois de tantos días traballando  na casa empezades a estar cansos e a concentración comeza a faltar. 
Propoñemos para esta semana xogos para traballar a atención , memoria, concentración... 
Ánimo rapaces e rapazas!

Preme na imaxe
Preme na imaxe
Preme na imaxe
Preme na imaxe
Preme na imaxe

venres, 22 de maio de 2020

XOGOS DE SOPRO

Xa estamos ás portas da fin de semana e temos máis tempo para xogar. Así que aquí vos deixamos unha proposta de xoguetes feitos de material de refugallo que podedes facer na casa.
Só tedes que soprar...

Preme na imaxe


mércores, 20 de maio de 2020

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O 3º TRIMESTRE

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, xa están dispoñibles as adaptacións das programacións didácticas das aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe para o 3º trimestre. 
Para máis información podedes facer consultas no correo orientacioncouceirofreijomil@gmail.com












PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 
     (Preme para ver o documento)
























AUDICIÓN E LINGUAXE 
 (Preme para ver o documento)

SABER DICIR "NON"

Saber decir NON mostrando autoridade respetuosa non é tan sinxelo. Empezar a cambiar o estilo educativo é cuestión de vontade e se perfecciona coa práctica. Novas da Fundación CADAH (Fundación Cantabria Ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad).



luns, 18 de maio de 2020

MATEMÁTICAS

Hoxe propoñemos actividades relacionadas coas matemáticas. Actividades de cálculo mental, serie numérica, as horas...

Serie numérica ata 100

1º e 2º de Primaria

3º e 4º de Primaria


5º e 6º de Primaria



venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS

O domingo 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas. A información accesible é un dereito para tod@s. 
Aquí tedes a biografía de  RICARDO CARVALHO CALERO con pictogramas.



Preme na imaxe

Preme na imaxe

Preme na imaxe

Preme na imaxe

LECTOESCRITURA

Hoxe propoñemos actividades relacionadas coa lectoescritura. Xogos de palabras ocultas, adiviñas, inferencias...

Preme na imaxe

Preme na imaxe

Preme na imaxe

xoves, 14 de maio de 2020

TDAH e GAM

Os Grupos de Axuda Mutua de INGADA (Institiuto Galego del TDAH y Trastornos Asociados) son reunións orientadas ás familias para tratar diferentes temas que afectan ás persoas con TDAH. Durante este periodo de cofinamento habilitouse GAM online para axudar ás familias a través de vídeos. Podedes acceder a eles a través destes enlaces.

Para máis información: https://www.fundacioningada.net/grupos_ayuda_mutua_es

mércores, 13 de maio de 2020

ACTIVIDADES HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

Dende o equipo COMUNICAR_NOS ofrecennos a posibilidade de realizar actividades interactivas sen necesidade de descarga. Aquí tedes unha recopilación de recursos para traballlar as habilidades lingüísticas para Ed. Infantil e Ed. Primaria. Graciñas polo material!

Preme na imaxe


luns, 11 de maio de 2020

Coidando as nosas emocións

Estes días algunhas familias nos contades que as vosas fillas e fillos aínda que desexaban saír á rúa, agora que poden, non queren e sinten medo. Para que estas saídas sexan experiencias positivas e seguras, dende a sección de psicoloxía educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, dan unhas recomendacións para preparalas.

Preme na imaxe


O Colexio Oficial de Psicoloxía tamén publicou unha interesante guía de introdución e orientación para iniciar os nenos, nenas e adolescentes nas prácticas de mindfulness que vos pode axudar a ter máis momentos de calma e serenidade na casa. Serve de axuda para guiar aos vosos fillos e fillas a tomar conciencia da súa respiración, dos seus pensamentos e sentimentos, e descubrir contigo como construír un lugar de calma interior que os acompañe na súa vida diaria... recursos aos que poder acudir en momentos de necesidade. 

Preme na imaxe

xoves, 7 de maio de 2020

TEA e COVID-19

Actualizamos as últimas publicacións de AUTISMO GALICIA e  COVID-19 realacionadas coas saídas á rúa e recursos de apoio visual.

Preme na imaxe


Preme na imaxe

mércores, 6 de maio de 2020

Recursos educativos MEC

O Ministerio de Educación ofrece unha serie de recursos para Ed. Infantil e Ed. Primaria 
para adentrarse no mundo das novas tecnoloxías. E, por suposto, tamén o alumnado con necesidades educativas especiais. 


Preme na imaxe


Recurso para Ed. Infantil



    
Recurso Ed. Primaria lectoescritura


Recurso Ed. Primaria matemáticas


luns, 4 de maio de 2020

INCORPORACIÓN Á ESO

Xa estamos no terceiro trimestre e o alumnado de 6º de Primaria e as súas familias vos preguntades como será comezar o vindeiro curso no IES Breamo nesta situación extraordinaria e de incertidume que vivimos, pero non vos preocupedes. Os Departamentos de Orientación do Ceip Couceiro Freijomil e do IES Breamo organizarán as actividades de acollida cando se establezan as condicións sanitarias que permitan que se leven a cabo. Así mesmo; o intercambio de información entre os dous Departamentos facilitará as adaptacións necesarias para o vindeiro curso 20-21 que terán en conta a situación educativa do alumnado.
Para resolver as vosas dúbidas sobre aspectos académicos e organizativos da ESO (materias, promoción, etc...), podedes navegar pola seguinte web para respondelas. Recordade que tamén podedes atopar as respostas preguntando á orientadora e ás titoras de 6º porque non estades sos nesta nova etapa.

TODO VAI IR BEN!

Preme na imaxe