Ola familias!
Acaba de comenzar o terceiro trimestre e o Departamento de Orientación do noso centro segue a apostar máis que nunca pola Igualdade.
A nosa proposta do 3º trimestre é para todas as familias incluídas aquelas que non teñen ordenador, acceso a internet, impresora...ou que necesitan do ordenador para teletraballar. Por este motivo, as actividades están orientadas ao uso mínimo de dispositivos electrónicos. Ademáis, están deseñadas para realizar con materiais que tedes nas casas e se non tedes algo, o atoparedes no super.
Para navegar pola proposta tedes que premer nas pestanas do lado esquerdo da pantalla. Podedes elexir o día que mellor se adapte ás vosas circuntancias, xa que entendemos que vivimos unha situación especial e que a organización familiar pode ser distinta á habitual. Por iso, recomendamos dar unha voltiña pola web creada e logo podedes elexir as propostas que mellor se adapten ao voso día a día.
Preme na imaxe |
RECORDADE: AQUÍ TEDES TODAS AS CANLES DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- A través da web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/ pódese acceder a una wixsite creada para facilitar ás familias a recursos para o traballo na casa. Nesa wixsite pódese acceder ao blogue do Departamento de Orientación https://couceirorienta.blogspot.com/ .
- Ademáis, tamén se pode acceder directamente entrando no blogue a través da web do centro.
- A través da aplicación ABALARMÓBIL
- E través dun correo electrónico, as familias se poden poner en contacto co Departamento de Orientación para solventas todalas dúbidas que lles podan xurdir estes días.
orientacioncouceirofreijomil@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario