luns, 4 de maio de 2020

INCORPORACIÓN Á ESO

Xa estamos no terceiro trimestre e o alumnado de 6º de Primaria e as súas familias vos preguntades como será comezar o vindeiro curso no IES Breamo nesta situación extraordinaria e de incertidume que vivimos, pero non vos preocupedes. Os Departamentos de Orientación do Ceip Couceiro Freijomil e do IES Breamo organizarán as actividades de acollida cando se establezan as condicións sanitarias que permitan que se leven a cabo. Así mesmo; o intercambio de información entre os dous Departamentos facilitará as adaptacións necesarias para o vindeiro curso 20-21 que terán en conta a situación educativa do alumnado.
Para resolver as vosas dúbidas sobre aspectos académicos e organizativos da ESO (materias, promoción, etc...), podedes navegar pola seguinte web para respondelas. Recordade que tamén podedes atopar as respostas preguntando á orientadora e ás titoras de 6º porque non estades sos nesta nova etapa.

TODO VAI IR BEN!

Preme na imaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario