luns, 23 de marzo de 2020

AS NOSAS EMOCIÓNS

Dende o Colexio Oficial de Psicoloxía tranmiten unha serie de recomendacións dirixidas a toda a comunidade educativa.

Preme na imaxe

Seguindo estas recomendacións propoñemos varias actividades para realizar cos vos@s fill@s nestes días sempre que as circunstancias o permitan. As actividades están encamiñadas a que os vos@s fill@s expresen as suas emocións.

BINGO DE EMOCIÓNS
Para poder expresar emocións debemos coñecelas e poñerlles nome. Propoñemos un bingo de emocións para ampliar o vocabulario emocional a través do xogo. A dinámica do xogo é a mesma que un bingo tradicional pero aproveitamos as imaxes de distintas emocións para poñerlles nome, recoñecelas e falar das nosas emocións. 
Podedes descargar o seguinte material premendo nas imaxes (elexir o que máis vos guste) e en caso de non poder facelo podedes fabricalo na casa cos vosos propios debuxos.




EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Cando fagades na casa algún debuxo podedes pedir ás nenas e nenos que debuxen como se sinten. É importante non facer unha interpretación do que debuxan, simplemente é unha ferramenta de expresión e regulación emocional. Un truco a ter en conta é que cando pintamos o que sentimos é interesante que antes se faga un marco porque así de forma indirecta estamos regulando esa emoción que estamos sentindo.



CONTO ESTOY CONTIGO

Este conto invita á reflexión a nen@s e adult@s sobre como reaccionamos ante os imprevistos e como respondemos cando alguen cercano necesita axuda.






Esperamos que vos gusten estas propostas e MOITO ÁNIMO!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario