Non queremos deixar que pase máis tempo sen dispoñer no noso cole dun blogue do Departamento de Orientación. Queremos que este blogue ademáis de dar a coñecer o noso Departamento, sexa un blogue que invite a descobrir e reflexionar sobre a diversidade nas nosas aulas. O noso obxectivo principal é facer que a comunidade educativa do noso centro sexa un lugar onde a tolerancia, inclusión e diversidade sexan unha realidade.