venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN¡

Despois de pasar un curso moi raro e difícil, so queda despedirnos de todos vós con moita pena de non poder estar un ratiño xuntos no colexio.
Desexámosvos un bo verán, pedimos que teñades moito coidado e que sigades as recomendacións que nos dan. Xa sabemos que non é unha broma e temos que conseguir que este CORONAVIRUS desapareza.
Aos queridísimos e queridídimas alumnos e alumnas de 6º vos desexamos moita sorte na nova etapa que comenzades.
Xa sabedes que estamos para o que queirades no colexio.

Moitos bicos e apertas a todos e todas¡¡¡



mércores, 17 de xuño de 2020

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS

Nesta entrada queremos facilitar ao alumnado o acceso ás propostas de actividades de máis éxito polo número de visitas do noso blog. Premede no symbaloo e elixe a que máis che guste. Recordade  que no verán hai e descansar e gozar...

Preme na imaxe

Ademáis queremos ofrecer uns recursos ás familias que lles guste Ler, Ver, Escoitar e ...Reflexionar.


            




Máis información: https://aprendemosjuntos.elpais.com/especial/entender-el-cerebro-de-los-ninos-para-educar-mejor-alvaro-bilbao/


luns, 15 de xuño de 2020

RULETA DE VERÁN

Esta é a última semana antes das vacacións de verán e queremos que fagades un último esforzo. Aquí tedes unha ruleta na que tedes que responder a unhas preguntas. Ánimo!

Preme na imaxe

luns, 8 de xuño de 2020

RECEITAS adaptadas a TEA

Como esta semana a previsión é de chuvia compartimos con vos unhas receitas adaptadas polo equipo achégaTEAmin (ASPANAES) ao alumnado con TEA. Como son unha receitas con apoio visual recomendamos realizar esta receita aqueles nenos e nenas que aínda están aprendendo a ler ou que non teñen adquirida a lectoescritura e aqueles con dificultades na secuencias temporais. 
Que aproveite!!!

Preme na imaxe

Preme na imaxe


Preme na imaxe

Preme na imaxe

Para máis información preme na imaxe



luns, 1 de xuño de 2020

venres, 29 de maio de 2020

COMUNICACIÓN NA FAMILIA

Que os nosos fillos e fillas desenvolvan un concepto positivo de sí mesmos é importante ensinarlles que a imaxen física é menos importante que o esforzo, a curiosidade, a saude, a valentía, a curiosidade, as habilidades...actitudes que os nenos e nenas adoptarán ante a vida. 
A Fundación CADAH nos proporciona consellos para educar para unha autoimaxe positiva.






mércores, 27 de maio de 2020

TEA CONSELLOS: APRENDER NA CASA

A aprendizaxe na casa está sendo unha tarefa complexa. As rutinas, o estrés, o lugar de estudo, a organización e o apoio da familia son fundamentais para lograr un ambente de aprendizaxe máis satisfatorio. 

Preme na imaxe

luns, 25 de maio de 2020

ATENCIÓN E MEMORIA

Cóntannos que despois de tantos días traballando  na casa empezades a estar cansos e a concentración comeza a faltar. 
Propoñemos para esta semana xogos para traballar a atención , memoria, concentración... 
Ánimo rapaces e rapazas!

Preme na imaxe
Preme na imaxe
Preme na imaxe
Preme na imaxe
Preme na imaxe

venres, 22 de maio de 2020

XOGOS DE SOPRO

Xa estamos ás portas da fin de semana e temos máis tempo para xogar. Así que aquí vos deixamos unha proposta de xoguetes feitos de material de refugallo que podedes facer na casa.
Só tedes que soprar...

Preme na imaxe


mércores, 20 de maio de 2020

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O 3º TRIMESTRE

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, xa están dispoñibles as adaptacións das programacións didácticas das aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe para o 3º trimestre. 
Para máis información podedes facer consultas no correo orientacioncouceirofreijomil@gmail.com












PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA 
     (Preme para ver o documento)
























AUDICIÓN E LINGUAXE 
 (Preme para ver o documento)

SABER DICIR "NON"

Saber decir NON mostrando autoridade respetuosa non é tan sinxelo. Empezar a cambiar o estilo educativo é cuestión de vontade e se perfecciona coa práctica. Novas da Fundación CADAH (Fundación Cantabria Ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad).



luns, 18 de maio de 2020

mércores, 13 de maio de 2020

ACTIVIDADES HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

Dende o equipo COMUNICAR_NOS ofrecennos a posibilidade de realizar actividades interactivas sen necesidade de descarga. Aquí tedes unha recopilación de recursos para traballlar as habilidades lingüísticas para Ed. Infantil e Ed. Primaria. Graciñas polo material!

Preme na imaxe


luns, 11 de maio de 2020

Coidando as nosas emocións

Estes días algunhas familias nos contades que as vosas fillas e fillos aínda que desexaban saír á rúa, agora que poden, non queren e sinten medo. Para que estas saídas sexan experiencias positivas e seguras, dende a sección de psicoloxía educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, dan unhas recomendacións para preparalas.

Preme na imaxe


O Colexio Oficial de Psicoloxía tamén publicou unha interesante guía de introdución e orientación para iniciar os nenos, nenas e adolescentes nas prácticas de mindfulness que vos pode axudar a ter máis momentos de calma e serenidade na casa. Serve de axuda para guiar aos vosos fillos e fillas a tomar conciencia da súa respiración, dos seus pensamentos e sentimentos, e descubrir contigo como construír un lugar de calma interior que os acompañe na súa vida diaria... recursos aos que poder acudir en momentos de necesidade. 

Preme na imaxe

mércores, 6 de maio de 2020

Recursos educativos MEC

O Ministerio de Educación ofrece unha serie de recursos para Ed. Infantil e Ed. Primaria 
para adentrarse no mundo das novas tecnoloxías. E, por suposto, tamén o alumnado con necesidades educativas especiais. 


Preme na imaxe


Recurso para Ed. Infantil



    
Recurso Ed. Primaria lectoescritura


Recurso Ed. Primaria matemáticas