WEB DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN¡

Despois de pasar un curso moi raro e difícil, so queda despedirnos de todos vós con moita pena de non poder estar un ratiño xuntos no colexio.
Desexámosvos un bo verán, pedimos que teñades moito coidado e que sigades as recomendacións que nos dan. Xa sabemos que non é unha broma e temos que conseguir que este CORONAVIRUS desapareza.
Aos queridísimos e queridídimas alumnos e alumnas de 6º vos desexamos moita sorte na nova etapa que comenzades.
Xa sabedes que estamos para o que queirades no colexio.

Moitos bicos e apertas a todos e todas¡¡¡



mércores, 17 de xuño de 2020

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS

Nesta entrada queremos facilitar ao alumnado o acceso ás propostas de actividades de máis éxito polo número de visitas do noso blog. Premede no symbaloo e elixe a que máis che guste. Recordade  que no verán hai e descansar e gozar...

Preme na imaxe

Ademáis queremos ofrecer uns recursos ás familias que lles guste Ler, Ver, Escoitar e ...Reflexionar.


            




Máis información: https://aprendemosjuntos.elpais.com/especial/entender-el-cerebro-de-los-ninos-para-educar-mejor-alvaro-bilbao/


luns, 15 de xuño de 2020

RULETA DE VERÁN

Esta é a última semana antes das vacacións de verán e queremos que fagades un último esforzo. Aquí tedes unha ruleta na que tedes que responder a unhas preguntas. Ánimo!

Preme na imaxe

luns, 8 de xuño de 2020

RECEITAS adaptadas a TEA

Como esta semana a previsión é de chuvia compartimos con vos unhas receitas adaptadas polo equipo achégaTEAmin (ASPANAES) ao alumnado con TEA. Como son unha receitas con apoio visual recomendamos realizar esta receita aqueles nenos e nenas que aínda están aprendendo a ler ou que non teñen adquirida a lectoescritura e aqueles con dificultades na secuencias temporais. 
Que aproveite!!!

Preme na imaxe

Preme na imaxe


Preme na imaxe

Preme na imaxe

Para máis información preme na imaxe



luns, 1 de xuño de 2020

ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN DA LINGUAXE ORAL

Esta semana propoñemos unhas actividades divertidísimas para traballar a comprensión da linguaxe oral con piratas, superheroes e unicornios. Ánimo que xa queda pouco para as vacacións!


Preme na imaxe (recurso en galego)

Preme na imaxe


Preme na imaxe